INFANTIL

INFANTIL
De 0 a 11 anos

XUVENIL

XUVENIL
De 12 a 17 anos

NOVIDADES

RECOMENDACIÓNS

Fa100do lecturas

miércoles 10 de febrero de 2010

Fa100do lecturas


Adhesivo da campaña
 
 

Un pequeno agasallo da biblio a todos os socios que levaron en préstamo 100 libros. 


Cada usuario que acadase os 100 libros prestados ten de regalo 1 libro que pode elixir dunha pequena escolma.

 Libros para elixir os socios 100tenarios en lecturas.


Os socios agraciados levarán o seu obsequio na súa próxima visita á biblio. 

Moitas grazas a todos os lectores!


Presentación sección infantil

jueves 28 de enero de 2010

Piratas, bruxas e outros amigos






O castelo de dona Carlota ten tres torres e unha porta.


Na torre de Arriba
vive Adosinda;
na torre do Medio
vive o príncipe Pedro;
e na torre de Abaixo
non se sabe
(é un misterio).


Ás noites, cando non dorme,
a princesa Adosinda escoita: Uhhhh, Ahhhh,
e ás veces tamén PATAPLÁN.
(A princesa Adosinda ten medo).


O príncipe Pedro, que é moi valente foi á
torre de Abaixo
a resolver o misterio.
--Quen anda aí? --preguntou coa espada en
alto.
Escoitou: Uhhhh,
Ahhhh,
e tamén escoitou: PATAPLÁN.
--Vaites! --exclamou o príncipe--.
Este ruído non é de pantasma,
que é de vento,
é o ruído dun vento,
ventiño, vento,
dos que enredan nos castelos.


A princesa Adosinda sorrí. Xa non ten medo!


Piratas, bruxas e outros amigos, de Daniel Ameixeiro.

Laura Gallego García

miércoles 27 de enero de 2010

Presentación sección xuvenil

Horario

sábado 23 de enero de 2010





Estamos abertos:


De LUNS a VENRES:

10:00 a 14:00 h
16:00 a 20:00 h

Os SÁBADOS:

10:00 a 14:00 h
_________________________


No verán estamos abertos:


De LUNS a VENRES:

09:00 a 15:00 h


Os SÁBADOS:

10:00 a 14:00 h

Humor

lunes 28 de diciembre de 2009




PROVOCA UN ESTADO DE SHOCK AOS TEUS PAIS: LE UN LIBRO.


_________________________________________

Visita do Colexio Carlos casares

jueves 3 de diciembre de 2009

Hoxe achegáronse pola mañá alumnos do Colexio Público Carlos Casares, de Vilariño, A Ramallosa.






Viñeron, por orde de chegada, alumnos de 5, 3 e 4 anos.






Os tres grupos coñeceron como funciona a biblioteca, miraron todo o que temos, escoitaron contos e curiosearon nos libros.




Os de tres anos, "metidos" no conto.






Os de tres anos, metidos en contos.




Na sala infantil e xuvenil sentados como os indios.


































____________________________________

Os Simpsons

lunes 30 de noviembre de 2009



Cómics dos Simpsons.


____________________________________

Contos de trasnos

jueves 26 de noviembre de 2009




Contos de trasnos e das súas trasnadas.


_____________________________

CUARTO VIAJE AL REINO DE LA FANTASÍA. (2008), Geronimo Stilton

jueves 5 de noviembre de 2009



Unha nova viaxe deste roedor ao Reino da Fantasía, con dragóns por todos lados e as acostumadas letras tortas, retortas, de cores, fumeantes, de coloríns, de coloróns, etc.


Cuarto viaje al Reino de la Fantasía, Geronimo Stilton.


____________________________________

PASIÑO. (2003), Simon James

lunes 2 de noviembre de 2009




Pasiño, de Simon James, escenarios enormes para pequenos protagonistas.


_____________________________________